miércoles, 5 de diciembre de 2012


Ilustración de un poema.



Ilustraciones abstractas de un poema de Celso Emilio Ferreiro

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas, 
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales, 
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales, 
coma un irmáu che falo. 
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou, 
coma un irmáu che falo.